QUE PASOU

 Crónica do maior roubo do cristianismo, acontecido no Reino de Galicia 


Esta é a historia dun arcebispo, do roubo dunhas reliquias e de como se desenvolveu a estratexia que conseguiu converter Santiago de Compostela nunha das tres cidades máis importantes do cristianismo xunto a Roma e Xerusalén. 



Corría o ano 1102 cando Diego Xelmirez, recentemente nomeado Bispo decide facer un amigable viaxe lóstrego á portuguesa cidade de Braga. Pero o que parecía unha visita de confraternización non era máis que parte dun clandestino plan, propio das historias de Agatha Christie. 

Tras visitar de día e celebrar misas en cinco igrexas de Braga, a súa comitiva, que incluia expertos canteiros, utilizaba as noites para saquear as reliquias de San Fructuoso, San Cucufate, San Silvestre e Santa Susana. 





Tras a súa conquista prepara un recibimento entre multitudes na catedral de Santiago o 19 de Decembro de 1102. Aquel feito cambiou para sempre a historia de Santiago e do Reino de Galicia. 





Comentarios

Publicacións populares