O DIRECTOR
Fernando Cortizo é director e guionista. No ano 2007 fundou a súa empresa Artefacto Producións coa que produciu e dirixiu numerosos proxectos de animación, documentais e publicidade, destacando a súa longametraxe “ O Apostolo ” co que alcanzou máis de 25 premios internacionais e unha preselección para os Oscars 2013.
A nivel nacional conseguiu tamén numerosos premios, un nomeamento aos Goya e seis premios Mestre Mateo da Academia Galega .
Na actualidade traballa coa súa produtora persoal “Rupes Nigra” realizando traballos audiovisuais de publicidade, finalizando un ambicioso documental sobre A Santa Compaña e desenvolvendo a súa seguinte longametraxe de animación 2D titulado SHKID
Comentarios
Publicar un comentario