CAMPAÑA EDUCATIVA

Este proxecto didáctico está diseñado para o alumnado do último ciclo de primaria, da ESO e Bacharelato, 

O obxetivo é que a través do Pio Latrocinio poidan adentrarse  no que foi o Reino de Galicia e disfruten deste apaisoante momento histórico.

A actividade pedagóxica inclue o visionado do documental de xeito gratuíto nos centros educativos, preparando previamente o tema nas aulas cunhas unidades didácticas.

Reflexionarán sobre a importancia da estratéxia do Arcebispo Xelmirez con respecto a Braga e de como serviu para conseguir que Santiago terminase sendo o gran centro de Peregrinación Europeo que é na actualidade. Cal era a importancia das reliquias nese momento? Qué pasaba entre Braga e Compostela? Como era a relación de poder entre Xelmirez e a realeza do momento?

A maiores o programa pode completarse coa excursión a Santiago de Compostela, onde poderán visitar o Pazo de Xelmirez e a propia Catedral co seu estupendo Museo.

Agardamos que esta actividade sexa de utilidade para abrir o apetito da xente nova sobre a nosa propia Historia, coñecendo as tramas e personaxes que marcaron esta época, cunhas intrigas que sen dúbida serán do seu interese pois están a altura das aclamadas series de ficción actuais.


UNIDADES DIDÁCTICAS:


PRIMARIA-  descargar neste enlace
ESO e BACH- descargar neste enlace







VISIONADO DO DOCUMENTAL: 

Para ver ou organizar visionados da película contáctanos aquí

Comparte con nós a túa experiencia nun centro educativo e a publicaremos aquí, soamente tes que mandarnos a info con algunha foto a este mail
Aquí debaixo tes algunhas fotos de visionados en coles 

IES Concha Mendez Cuesta- Visionado película O Apóstolo

IES Las Lagunas- Visionado película O Apóstolo




Comentarios

Publicacións populares