OS EXPERTOS

 A película contou  con expertos da materia que ao mesmo tempo actuaron como narradores, dándolle a credibilidade e rigor que o proxecto precisa 


 
XOSÉ MIGUEL ANDRADE CERNADAS 

Catedrático de Historia Medieval na Universidade de Santiago de Compostela.Traballou, entre outros temas, sobre o mundo monástico da Galicia medieval, sobre as peregrinacións a Compostela ou sobre a historia do Reino de Galicia. Neste último campo é autor, canda Anselmo López Carreira, do libro «O reino medieval de Galicia: crónica dunha desmemoria» (Xerais, 2020), que foi galardoado co Premio Losada Diéguez no ano 2021 na categoría de Ensaio. 

«As peregrinacións a Compostela. Mito, historia e falsidades» (Xerais, 2024) é o seu último libro. pódese adquirir aquí

Acceso aos seu C.V e perfil aquí e aos proxectos aquí

Acceso as súas publicacións aquí aquí




XOSE CARLOS BALIÑAS PÉREZ

Escritor e historiador. Profesor titular de Historia medieval na USC no Campus de Lugo. Socio numerario da Sociedade Española de Estudos Medievais. O seu campo de investigación principal é a Historia Social da Galicia Altomedieval 

Profesor Titular de Historia Medieval da Universidade de Santiago de Compostela, con destino na Facultade de Humanidades de Lugo. Doutor en Historia (Historia Medieval) pola USC, leva vencellado profesionalmente á universidade compostelán dende 1987. Foi Bolseiro de Iniciación á Investigación da Xunta de Galicia, Profesor-Tutor da UNED e British Academy Visiting Professor na Universidade de Birmingham (Reino Unido). É profesor do IV Ciclo no Campus de Lugo dende os seu inicios, impartindo cursos de Historia de Galicia e Historia Medieval.

Liñas de investigación e publicacións máis relevantes: O seu campo de investigación prioritario é a Historia Social da Galicia Altomedieval (anos 700-1100), tendo como liñas subsidiarias o estudo da paisaxe histórica, a proxección social do urbanismo medieval na cidade de Lugo e as orixes do artellamento territorial de Galicia. É autor dos libros Defensores e Traditores: un modelo de relación entre poder monárquico e oligarquía na Galicia altomedieval (718-1037), Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1988; Do mito á realidade: a definición social e territorial de Galicia na Alta Idade Media (séculos VIII e IX), Santiago de Compostela, Coordenadas, 1992; e Gallegos del año Mil, A Coruña, Fundación Barrié de la Maza, 1998. Así mesmo, é co-editor da colección de estudos Sub Urbem: Historia, sociedade e cultura da cidade, Santiago de Compostela, Publicacións da USC, 2012. Ten publicados perto de 30 artigos sobre temas da súa investigación en galego, castelán e inglés en revistas e obras de conxunto nacionais e internacionais, así como traduccións de obras históricas do inglés ó español.


Cargos académicos e distincións: Ten sido Secretario e Vicedecano da Facultade de Humanidades de Lugo (2000-2003) e Coordinador do Programa de Doutoramento de Humanidades da USC e do Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural. É Corresponding Editor para a Península Ibérica da revista especializada Early Medieval Europe e asesor científico para diversas publicacións académicas. É Socio de Número da “Sociedad Española de Estudios Medievales”. Desde xuño de 2007 a decembro de 2017 foi vogal da Comisión Provincial de Patrimonio Histórico de Lugo da Xunta de Galicia en representación da USC. Recentemente, foille concedida a insignia de honra “Fonseca” polos servizos prestados á USC como docente, investigador e xestor.


MIGUEL BANDEIRA
Presidente da Fundaçao Bracara Augusta
Miguel Sopas de Melo Bandeira é actualmente Prorreitor da Universidade do Minho de Sostibilidade e Xestión do Campus. Profesor no Instituto de Educación. Tamén é presidente do Consello Cultural da Universidade do Minho e forma parte do Centro de Estudos Lusíadas (Unidade Cultural da universidade do Minho)

Ocupou cargos públicos como Concelleiro do Concello de Braga (2013-2021), Consejal de patrimonio;planificación e ordenación; urbanismo; rexeneración urbana; mobilidade; e, as relacións coas universidades.

Foi Vicepresidente do Consello Estratéxico de Rexeneración Patrimonial e urbana do Concello de Braga (2019.2021); e membro, por delegación de competencias, da Xunta Directiva da Asociación Portuguesa de Municipios con Centro Histórico (2014-2021)

Secretario Xeral da Fundación CEER_Centro de Estudos Eurorrexionais Norte de Portugal/Galicia (CEER), institución galega de interese público (2006-2011)

Foi presidente da Asociación "Patrimonio das Rutas Romanas en Europa- Rede de Cooperación (Iteromanum)" (2017-2021)

Foi fundador da Asociación de municipios do Protugal Romano (2020), en representación do Concello de Braga

É membro de ASPA-Asociación para a Defensa, Estudo e Divulgación do patrimonio Cultural e Natural (Braga), durante máis de tres décadas, da que foi o seu presidente e director (1991-2013)





M I G U E L VAZQUEZ 

Profesor de filosofía, director da revista Golfiño e autor do libro "De Compostela a Braga e de Braga a Compostela. O Pio Latrocinio e outras inimizades“





RAMÓN YZQUIERDO PEIRÓ

No ano 2009 foi designado para o posto de Director Técnico do Museo Catedral de Santiago, que desenvolve na actualidade. Previamente, desde 2044, era Conservador desta mesma institución, hoxe xestionada pola Fundación Catedral de Santiago; coa que levaba colaborando de maneira estreita desde tempo antes.

É Doutor en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, cunha tese centrada no estudo das coleccións artísticas da catedral de Santiago, dirixida polo Catedrático José Manuel García Iglesias, que obtivo a máxima calificación por parte do tribunal. Así mesmo, é Licenciado en Xeografía e Historia, na especialidade de Historia da Arte, pola mesma Universidade; Máster en Xestión e Conservación de Bens Culturais pola Universidade da Coruña; Experto universitario en Interpretación ambiental e do patrimonio cultural polas Universidades Oberta de Catalunya e das Illes Balears; e Especialista en conservación de Bens Culturais polo Instituto do Patrimonio Histórico Español (Ministerio de Cultura).

Completou a súa formación en museoloxía, xestión e conservación do patrimonio cultural con bolsas de especialización e investigación do Ministerio de Cultura, da Xunta de Galicia e da Deputación provincial da Coruña.

Desenvolve boa parte do seu traballo no ámbito do desenvolvemento de proxectos museísticos e as exposicións temporais. Neste apartado, entre outras mostras destacadas, foi Comisario e director de edición do catálogo de Mestre Mateo, celebrada entre os anos 2016 e 2018 no Museo Nacional do Prado e no Museo Catedral de Santiago.

A súa actividade investigadora céntrase, fundamentalmente, no estudo dos fondos artísticos da catedral, en particular, do proxecto mateano e da colección de tapices, sendo autor de numerosas publicacións, artigos científicos e divulgativos, capítulos de libros e monografías.


Listado de publicacións  aquí

Curriculum vitae completo aquí 





Comentarios

Publicacións populares