O DOCUMENTAL
Esta peza documental con animación de 45 minutos narra unha das anécdotas máis sorprendentes da historia do cristianismo, que foi protagonizada por unha das figuras máis importantes do Reino de Galicia, o arcebispo Diego Xelmirez. Un suceso moi descoñecido polo público en xeral.
A película conta coa colaboración especial do gran actor galego Carlos Blanco que vainos facer unha breve introducción e despois o director Fernando Cortizo contará os feitos mediante entrevistas a expertos historiadores que actuarán como narradores. Todo isto completado con pequenas animacións multitécnicas nun estilo medieval similar aos gravados e ilustracións dos códices medievais.
Desta xeito coñeceremos o sucedido dunha maneira dinámica e atractiva para todo tipo de públicos, pero sen perder o rigor histórico.
Ademais o documental levaranos a coñecer todos aqueles lugares onde aconteceron os sucesos, situándonos na actualidade nos que foron os escenarios de tan inverosímiis e excepcionais acontecementos.
![]() |
| Fragmento da animación da película “O APÓSTOLO” Fernando Cortizo 2012 |
Para ver ou organizar visionados da película contáctanos aquí


Comentarios
Publicar un comentario